Sunday 12 de May de 2024

O Concello avanza na creación da Oficina de Promoción Industrial da Coruña


A edila Eva Martínez Acón reuniuse hoxe co presidente da Cámara de Comercio para avanzaren neste proxecto que “permitirá atraer novas empresas e, polo tanto, xenerar riqueza na cidade”

A concelleira de Industria, Innovación e Emprego, Eva Martínez Acón, reuniuse hoxe co presidente da Cámara de Comercio, Antonio Couceiro, para avanzaren na constitución da Oficina de Promoción Industrial da Coruña e a súa área de influencia.
Segundo Acón, “trátase dun proxecto que queremos desenvolver e, para iso, buscamos a fórmula xurídica axeitada que implique que o Concello teña un posto de relevancia na devandita oficina”.
Esta acción enmárcase dentro do Plan estratéxico de promoción industrial da Coruña e área de influencia e o seu obxectivo é favorecer o desenvolvemento industrial na área coruñesa, atraer novos investimentos, mellorar a competitividade, impulsar a iniciativa emprendedora e a creación de emprego de calidade.
Para a creación desta oficina, o Concello conta cunha partida de 37.000 euros, reflectida nos orzamentos municipais de 2020, co fin de constituíla e poñela en marcha. A concelleira agradeceulla a Couceiro a súa implicación para desenvolver esta oficina que permita atraer novas empresas e, polo tanto, xenere riqueza na cidade.